Busqueda Avanzada
Buscar en:
Título
Autor
Cuento
Ordenar por:
Mas reciente
Menos reciente
Título
Categoría:
Cuento
Categoría: Hechos Reales

Os roedores do valeiro

Non queremos durmir por medo a espertar, deixámonos vencer polas noites inacabadas e os asubios de inadaptación. Copa tras copa, momentos de tocador, ansiedade nasal, hemorraxias de insensibilidade. Somos os asasinos da conversa, os espellos de tantos outros, tanto de nos mesmos coma de todo noso arredor. Fuxindo de paixóns e afogando sentimentos, futura xeración viagra movéndonos a ritmo de house, ingrávidos e manipulados por DJ´s excluíntes inimigos da individualidade compartida. Inestabilidade vital agolpada en barras de deseño, vestida coas mellores marcas, disfrazandonos de maniquies, escaparates da introrealidade, vivindo en manada sen necesidade de pastor. Andróxinos por necesidade, non hay búsqueda posible cando o puzzle sempre queda incompleto na mesa dos soños; ninguén coñece a ninguén, e mellor así, aforramos saudos e mais explicacións que poderían derivar en dialogo. Ollos valeiros, vísceras envenenadas, gafas de sol que non devolven as miradas, espellos das almas, adolescencias mutiladas, pastillas de moitos nomes dentro de mil minisaias que van cambiando de color. Vivindo de farol sen alumear, non faremos ruido para non molestar, devecemos por non durmir xamais, por esgotar tóda-las horas nunha noite, por asasina-lo sol e darlle porta ó futuro, esquence-lo pasado e non ter noción do presente. Non disfrutamos, transitamos con grandes cantidades de substancias tóxicas dentro de nos, non é certo que fagan dano, e cada vez sentímonos mellor, total a vida son catro días, así que algunha noite haberá que aproveitar, nos somentes somos bacterias vidas a maís e non sentimos necesidade de pensar, porque non queremos ter tempo para facelo. Taquicardias o volante das horas por chegar, noites devoradoras de estrelas, profunda soidade, estómagos valeiros, flemas de ansiedade, e entre punto e punto, raia.
Datos del Cuento
  • Autor: Iain
  • Código: 8267
  • Fecha: 09-04-2004
  • Categoría: Hechos Reales
  • Media: 5.53
  • Votos: 179
  • Envios: 1
  • Lecturas: 2866
  • Valoración:
  •  
Comentarios


Al añadir datos, entiendes y Aceptas las Condiciones de uso del Web y la Política de Privacidad para el uso del Web. Tu Ip es : 3.149.230.44

1 comentarios. Página 1 de 1
luis jesus
invitado-luis jesus 09-04-2004 00:00:00

Pues si, breve y atinado, como una pastilla que pequeña en forma, se manifiesta potente en contenido. Felicidades compañero. Muy bueno. Hasta la próxima.

Tu cuenta
Boletin
Estadísticas
»Total Cuentos: 21.633
»Autores Activos: 155
»Total Comentarios: 11.741
»Total Votos: 908.508
»Total Envios 41.629
»Total Lecturas 53.552.815